María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade: «Galicia está resistindo mellor que as restantes comunidades»

0
29

Santiago de Compostela, 06.05.2021.- María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, foi entrevistada este xoves no espazo ‘Bos días’ da Televisión de Galicia, onde falou sobre o rescate aos sectores económicos máis prexudicados pola pandemia.

A política amosou a súa intención de manter a coherencia con respecto aos outros plans de recuperación desenvolvidos con anterioridade. Lorenzana remarcou que “o que queremos é que estea absolutamente negociado”, e que os principais beneficiados serán “os máis afectados”. 

Para a conselleira de Emprego e Igualdade, “as axudas do Goberno central repártense con criterios dubidosos”. Non obstante, subliñou o seu interese en chegar aos máis pequenos para “que non queden dinamitados os pequenos negocios que constitúen o 97 % do tecido produtivo que temos en Galicia”. 

Sobre os datos de emprego recentemente publicados, María Jesús Lorenzana deixou ver o seu optimismo: “Permítennos ver que Galicia está resistindo mellor que as restantes comunidades”. Aínda así, recoñeceu que “temos que seguir traballando e rescatando sectores”. 

De cara ao futuro, a política conta con “seguir nunha liña de estabilidade” en caso de manter as medidas sanitarias, os ERTE, e continuar traballando, tal e como indicou na conversa con Fran López. 

Fuente Crtvg.es