Mentres Damián quere comezar unha relación fraternal con Tuco en ‘Método criminal’ á súa muller ocúltalle o seu embarazo

0
7

Pola súa parte, Luís está feliz despois do seu despedimento da serie sobre os irmandiños e quere poñer en marcha o seu propio proxecto

Mentres Damián quere comezar unha relación fraternal con Tuco en 'Método criminal' á súa muller ocúltalle o seu embarazo

Santiago, 09.05.2021.-  Despois de descubrir que Tuco é o seu irmán, esta semana, en ‘Método Criminal’ (23.40 h), Damián quere poñer todo da súa parte para recuperalo e comezar unha relación fraternal desde cero, pero Tuco non está disposto a dar o seu brazo a torcer e non consentirá que Damián se achegue a el. Con todo, este non perde a esperanza.

Mentres tanto, Sofía non quere que Damián saiba que está embarazada e ameaza o doutor do clan para que non lle diga nada ao seu home. Cales son os seus motivos para mantelo á marxe?

Ao mesmo tempo, Paulo, o líder da banda rival dos Canosa, chantaxea a psicóloga de Damián para descubrir máis detalles da súa vida e ter a oportunidade de acabar con el. Natalia ten que valorar que é o máis lle compensa: a súa vida ou o segredo profesional.

Por contraditorio que pareza, Luís está feliz despois do seu despedimento da serie sobre os irmandiños e agora ten un novo plan: quere poñer en marcha un proxecto propio. Gaila e Loreto anímano a traballar nel e suxírenlle que conte con Cecilia como a súa guionista.

Fuente Crtvg.es