Merecida homenaxe á auga no ‘Larpeiros Social Club’, que hoxe recibirá a visita de Pepe Solla

0
11

Música, troula e moitas risas no programa desta semana (22.35 h), en que degustarán un linguado preparado polo cociñeiro pontevedrés e unha lambetada cun toque de queixo do Cebreiro

Merecida homenaxe á auga no 'Larpeiros Social Club', que hoxe recibirá a visita de Pepe Solla

Santiago, 17.12.2019.-    En Galicia temos augas subterráneas, que agroman quentes en Ourense, Caldas, ou Ribadavia. Do ceo cae choiva de todas as castes e xuntamos case 10.000 ríos. Por se isto fose pouco, temos tamén uns 1.500 quilómetros de costa e saímos ao mar ou comemos un berberecho coma quen non quere a cousa.

No ‘Larpeiros Social Club’ faranlle hoxe unha merecida homenaxe á auga e a todo o que temos grazas a ela, que non é pouco. Para abrir boca, sairán pescar baixo a auga e Adrián fará todo o posible por capturar un entrante, aínda que será Merchi a que teña algo máis de sorte mariscando berberechos.

Finalmente, os dous volverán para o Club cun par de entrantes moi mariñeiros e o programa contará ademais cun convidado deses que vive e cociña ao carón do mar: Pepe Solla, que lembrará receitas e sabores mentres prepara un linguado ao xeito dos seus pais. Para completar o menú, farán unha lambetada cun toque de queixo do Cebreiro e non faltará música, troula e moitas risas.

Fuente Crtvg.es