Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: «Sánchez está máis preocupado das siglas que de salvar vidas»

0
11

Santiago de Compostela, 04.05.2021.- Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG, foi entrevistado este xoves no espazo ‘Bos días’ da Televisión de Galicia.  

O político popular amosou o seu descontento ante a falta de previsión do Goberno estatal de cara á fin do estado de alarma, asegurando que “as autonomías demandan un marco xurídico que hoxe non existe”. Nas súas propias palabras, “o Goberno de España nin lexisla nin deixa lexislar”. Neste sentido, lembra que “impugnou a norma galega ante o Constitucional”, e o cualifica de “recurso político”, porque a lei é “similar á que tramitaron outros parlamentos”, o que demostra, ao seu entender, que o Goberno de Sánchez está “máis preocupado polas siglas que por salvar vidas”.

Tellado remarcou a vontade do PPdeG a apoiar unha harmonización fiscal, aínda que fixo fincapé na súa sensación de que o PSOE “está pensando na subida xeneralizada de impostos, e iso non conduce a nada”. Para o político galego, o Goberno estatal “ten o obxectivo de que pasen as eleccións de Madrid para facer recortes en políticas sociais”. 

Sobre o cobro do uso das autovías, Miguel Tellado demandou unha “proposta razoable para os galegos” por parte do Goberno de España, e recoñeceu a súa satisfacción ante o acordo da autoestrada galega AP-9. 

Na conversa tratouse tamén a actualidade das eleccións madrileñas, nas que o político popular agarda unha vitoria indubidable e aspira a “unha maioría que nos permita gobernar en solitario”. Para o secretario xeral do PPdeG, estas eleccións “van supor un punto de inflexión para a política nacional”.

Fuente Crtvg.es