Na súa sexta gala, 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' incorpora a Naiara González, da orquestra Marbella

0
10

Santiago, 15.08.2019.-  A sexta gala de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (22.00 h.) chega chea de sorpresas: a audiencia coñecerá unha das moitas facetas ocultas do presentador Paco Lodeiro, que porá toda a bancada en pé cunha escolma dalgúns temas inesquecibles da verbena galega transformado en DJ L’Deiro.

Na edición da semana pasada, César Romero pasou á final e deixou unha praza que será ocupada por Naiara González, da orquestra Marbella. Esta noite intervirá no programa como convidado especial Xurxo Souto, que cantará o tema ‘Nordés’ xunto a Laura Añón, que lucirá unha estética feita de redes e toxos moi abraiante. Pola súa banda, a integrante do xurado, Lucía Pérez, interpretará unha versión da canción tradicional ‘A Carolina’. Amais, haberá vídeos sobre como ensaian todos e todas as concursantes e como se entreteñen durante o programa.

‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ busca cada semana a mellor voz entre oito cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Ao remate de cada gala, só un aspirante se clasifica para a gran final do programa, tras ser seleccionado por un xurado integrado por Pili Pampín, Lito Garrido, Mon (Monopolius Dop) e Lucía Pérez.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here