Nace G24, o maior proxecto de información para Galicia en galego

0
14

Santiago, 17.05.2019.-  Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a CRTVG comeza a unificación de todo o seu contido informativo dixital baixo a marca G24. En concreto, a partir deste venres a nova web g24.gal reunirá todas as noticias xeradas nos Servizos Informativos da CRTVG -tanto da Televisión de Galicia como da Radio Galega- as 24 horas do día e os 365 días do ano, nunha nova aposta pola inmediatez e a proximidade que irá medrando con novos formatos dixitais. 

Este primeiro chanzo de G24 está formado por unha nova páxina web, www.g24.gal, e tres novas contas en redes sociais especializadas en noticias:

En twitter: twitter.com/g24noticias
En facebook: facebook.com/g24noticias
En Instagram: instagram/g24noticias

Ademais, a audiencia poderá contactar co G24 a través do número da aplicación de Whatsapp 659 090 645.

A nova web fai unha aposta polo móbil como forma de consumo de información, e irá adaptando os seus contidos a formatos pensados para smartphones.

Coa creación da marca informativa G24, a CRTVG executa paralelamente unha reorganización das súas contas en redes sociais, quedando a da CRTVG como perfil institucional e as da Televisión de Galicia e a Radio Galega máis centradas no entretemento, aínda que estas dúas últimas incluirán ademais contidos do G24.

 

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here