Natalia e Chenoa cantan a dúo esta noite en ‘Luar’, onde tamén destacan o Real Coro Toxos e Flores e Sito Sedes

0
17

Santiago, 29.4.2022.-  Este venres poderase coñecer o último proxecto de Natalia no musical da Galega. Nesta ocasión, a cantante gaditana achegará o sinxelo titulado ‘Lento’, xunto a Chenoa, a súa grande amiga e compañeira da primeira edición do concurso Operación Triunfo, que tamén interpretará en ‘Luar’ (22.00 h) algúns dos seus temas máis aplaudidos.

Unha das nosas formacións de música tradicional históricas, o Real Coro Toxos e Froles, de Ferrol, que está conmemorando 100 anos das súas primeiras gravacións musicais no disco ‘Romaxe galega 1922’, ofrecerá hoxe algunhas das súas foliadas máis bailadas.

Tamén esta noite ‘Luar’ dará a benvida a todo un mito da música popular galega e histórico vocalista de Los Satélites, o gran Sito Sedes, que regresou aos escenarios co álbum ‘Siboney’, unha recompilación de medio século de música.

Amais, os ritmos latinos da orquestra Los Coleguitas, de Pontevedra, e os sons de charanga de Faíscas da Pontraga traerán a diversión que caracteriza cada unha das súas actuacións.
    
E finalmente, Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández darán paso unha nova edición de ‘Recantos’, con Jennifer Cambón (Terras de Ordes) e Ara Nieto (Costa da Morte) en competición. O bote do concurso telefónico ascende hoxe a 11.500 euros.

Fuente Crtvg.es