No especial ‘Grandes Cachadas. Hoxe quero confesar’, os espectadores coñecerán esta noite historias de amor contadas por artistas de renome

0
22

Santiago, 18.07.2021.-     As máis emotivas historias de amor contadas por un feixe de artistas de renome. Iso é o que ofrece esta noite o especial ‘Grandes Cachadas. Hoxe quero confesar’ (22.45 h), presentado por Esther Estévez.

Todos eles escolleron no seu momento o programa ‘Luar’ para abrir o seu corazón e ofrecer as súas cancións, así que desde ese escenario os espectadores irán coñecendo os protagonistas do programa. Deste xeito, escoitarán relatos de todo tipo: uns namorados, outros escaldados por culpa dunha relación, parellas felices e historias de dúos que, por non saber, non se sabe nin se son parella.

Así, a propia Isabel Pantoja, cuxa coñecida canción lle dá nome ao programa, falará da súa da súa relación de parella e do amor polos fillos. Estarán tamén Bertín Osborne, Ana Kiro, Chenoa, Raphael, Marta Sánchez e David Bustamante, entroutros. Coñeceranse historias sorprendentes, como a de Amistades Peligrosas, que ben parece un culebrón, xa que, despois de anos de desencontros e formar novas parellas, volven actuar xuntos. E dúos como Pimpinela ou Camela, aos non une unha relación de parella, pero que cantan con éxito ao amor e ao desamor.

Ademais das intervencións dos protagonistas, o programa fará unha escolla de auténticos temazos musicais que forman parte xa da banda sonora das nosas vidas, como ‘Escándalo’, de Raphael; ‘Pega la vuelta’, de Pimpinela; ‘Pídechas o corpo’, de Ana Kiro, ou ‘Cuando zarpa el amor’, de Camela, que se poderán escoitar neste ‘Grandes Cachadas Hoxe quero confesar’.

Fuente Crtvg.es