No ‘Larpeiros Social Club’ aproveitan estes días de confinamento para recompilar receitas, trucos e consellos de cociña

0
7

Santiago, 31.03.2020.-    Hoxe, no ‘Larpeiros Social Club’ non é un día coma outro calquera. Igual que para todos, estas son xornadas de peche, de estar na casa, e que se parecen pouco ao que é habitual nas nosas vidas. O local dos ‘Larpeiros’, que adoita estar cheo de xente, alberga esta temporadiña de confinamento unicamente a Adrián e a Manolo. Pero iso non significa que estea baleiro. Porque a través da rede, o teléfono e a tecnoloxía, os espectadores verán como están en permanente contacto con todos os seus amigos e asociados. E como aproveitan estes días para aprender e compilar receitas, trucos e consellos de cociña. Entre outras cousas, para sobrevivir e non morrer de fame.

Así é que neste programa non faltarán larpeiros e larpeiras de toda Galicia, que achegarán cociña e recomendacións e que contarán como atravesan esta situación tan difícil para todos. A audiencia tamén saberá daqueles que, co mellor dos ánimos, seguen a traballar no agro, no mar, nos mercados ou onde toca, para que as despensas dos galegos e galegas sigan estando cheas e poidan gozar da cociña e do pracer de comer como bos larpeiros. Porque os bos xantares, o humor e a música, tamén axudan -e moito- a encarar con folgos a corentena. Hoxe as portas do club non se abren, pero dun xeito ou outro, nel entra todo o mundo.

Fuente Crtvg.es