No novo capítulo de ‘A Estiba’ que a TVG ofrece hoxe, unha furgoneta con inmigrantes ilegais pon Ardora patas arriba

0
13

Santiago, 15.12.2019.-    Os seguidores de ‘A Estiba’ verán esta noite como, despois da morte de Xavier, Helena, a súa muller, precisa axuda económica. Pola presión da situación, Castor acepta ás costas de César unha descarga nocturna. César decátase da manobra do seu socio e, cando vai ver a carga, atópase cunha morea de inmigrantes ilegais.

Enfadado con Castor, César avísao das consecuencias, pero tamén opta por aproveitarse da situación e pídelle máis cartos ao armador. Con todo, cando a furgoneta chega ao propietario está baleira. César e Castor deixaron fuxir os inmigrantes e chantaxean o armador cunha gravación.

Porén, un dos nenos inmigrantes logra fuxir e alerta a comisaría. Cando Manuela detén a César e a Castor, Estela non pode crer que o seu pai ande agora relacionándose cos Longueira. E Castor, que fixo todo isto por Helena, ve agora como a muller non acepta os cartos, xa que está en shock ante a noticia que vincula a Antón coa morte do seu home.

Mentres tanto, Rosalía e Lionel presentan no Concello o Proxecto Nova Ardora, un ambicioso plan para converter o porto de transatlánticos da cidade nunha referencia a nivel internacional. Pero Marcos considera que non é o momento de construír castelos no aire, polo menos mentres dure a folga. No exterior do concello, Antón maniféstase con outros estibadores e Helena axéxao co obxectivo de matalo.

Fuente Crtvg.es