«Non estará con outro», nova entrega de ‘Na mente do asasino’, que indaga nun homicidio acontecido en Vigo

0
9

Santiago, 06,10.2020.-   Segunda entrega de ‘Na mente do asasino’ (22.30 h), serie documental que afonda nos impulsos e pensamentos das persoas que cometeron algúns dos crimes galegos máis impactantes dos últimos tempos, co afán de localizar aqueles procesos mentais que os levaron a cometer os seus delitos, o móbil do crime, pero tamén a sucesión de actos e pensamentos que os empurraron cara a un punto de non retorno.

No documental deste martes, que leva por título Non estará con outro, tratarase o caso dun homicidio acontecido en Vigo en 2016, onde César Adrio asasinou a súa exparella despois da cea de traballo de Nadal, á que previamente someteu durante meses a varios episodios de acoso e chantaxe.

Tras a emisión do documental, ofrecerase un debate sobre este caso, moderado polo xornalista Pablo Carballo, que contará coas intervencións de Jorge Sobral, catedrático en psicoloxía criminal; Ana J. Pastor, xornalista; Pablo Pallares, policía nacional, e amigos e familiares da vítima. ‘Na mente do asasino’ profundarán no caso e nos detalles dos feitos.

Fuente Crtvg.es