Nova entrega de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’, coa incorporación de Cristin Navarro, da Charlestong Big Band

0
33

Continúan esta noite na competición Rita Barreiro e Noly, xunto con Laura Añón, Antonio Barros, Rocío Varela, José Ángel Albán e Alba Navarro

Nova entrega de 'A liga dos cantantes extraordinarios', coa incorporación de Cristin Navarro, da Charlestong Big Band

Santiago, 05.08.2021.-  ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (22.30 h) continúa buscando este xoves a mellor voz da verbena galega, aquela capaz de convencer a público de todas as idades. Na oitava entrega deste tremendo show contarase de novo coas voces de Rita Barreiro e Noly, por ser os finalistas do programa anterior, xunto con Laura Añón, Antonio Barros, Rocío Varela, José Ángel Albán e Alba Navarro, e como aspirante novo sumarase Cristin Navarro da Charleston Big Band.

E coma cada xoves, o mestre de cerimonias Paco Lodeiro volverá estar acompañado de colaboradores como Pepe Capelán e César Romero e polo xurado do concurso, formado pola cantante Pili Pampín, líder dos avós; Lito Garrido, director da orquestra Panorama e voz dos pais nesta Liga; a cantante Lucía Pérez, voceira dos casadeiros, e o dueto cómico e musical Mon e Ula, do grupo Monouliuos DOP.

Fuente Crtvg.es