Nova iniciativa dixital da RG, que ofrecerá en directo concertos de orquestras, bandas e corais

0
3

Estas gravacións do Arquivo Sonoro da emisora pública poderán escoitarse a partir de agora en radiogalega.gal e na aplicación móbil da CRTVG

A primeira experiencia será este sábado, coa emisión do Festival de Corais de Verín, que fai o seu 30 aniversario

Nova iniciativa dixital da RG, que ofrecerá en directo concertos de orquestras, bandas e corais

Santiago, 23.10.2021.-    A Radio Galega pon en marcha este sábado unha nova iniciativa no marco da difusión dixital dos seus proxectos e comezará a emisión en directo de concertos de orquestras e festivais de música clásica, bandas e corais, que xa se gravaban e custodiaban no Arquivo Sonoro da emisora pública, pero que a partir deste sábado se poderán escoitar a través das canles dixitais.

A primeira experiencia, á que seguirán outras durante as vindeiras semanas, será coa emisión do Festival de Corais de Verín, que fai o seu 30 aniversario. O concerto será emitido hoxe, de 19.00 a 20.30 h, a través dun evento especial en radiogalega.gal e a aplicación móbil da CRTVG.

Esta iniciativa sucede a outro proxecto, dentro da estratexia dixital global da CRTVG, que comezou esta mesma semana: RadioGalegaPodcast.gal, plataforma de deseño mobile first coa que a radio pública se adapta aos novos modelos de consumo da audiencia, para gozar dos audios específicos a calquera hora e contar coa experiencia de compartilos e valoralos na comunidade virtual de cada usuario.  

Fuente Crtvg.es