Novas xornadas da Liga Galega de Traiñeiras e da ACT, e o MXGP de Finlandia, en directo, esta fin de semana na CRTVG

0
22

Santiago, 12.8.2022.-   Os afeccionados ao remo están unha fin de semana máis de parabéns, xa que poderán seguir, en directo, pola G2 e a G24.gal dúas novas xornadas da Liga ACT, coa Bandeira de Ondarroa e a Bandeira de Castro Urdiales, e unha competición destacada da Liga Galega de Traiñeiras. Amais, o domingo tamén se transmitirá o gran premio de motocrós de Finlandia, en que destaca a participación galega de Jorge Prado e Rubén Fernández.

As máximas competicións de traiñeiras trasládanse o sábado á baía biscaíña de Ondarroa para ofrecer a 38 edición da Bandeira de Ondarroa. A Liga Euskotren feminina comezará ás 17.35 h e a Liga Eusko Label masculina, ás 18.05 horas.

Ao día seguinte, as cámaras dos medios públicos desprazaranse a un novo escenario en augas cántabras para transmitir a Bandeira de Castro Urdiales. A proba feminina ofrecerase ás 11.35 h e a masculina, ás 12.05 horas.
    
Tamén será protagonista este domingo a Liga Galega de Traiñeiras, coa celebración da Bandeira Illa do Samertolameu Concello de Moaña, correspondente á décimo terceira xornada da competición. Ofrecerase, en directo, ás 12.00 horas na G24.gal (G2, 16.55 h).

O Campionato Mundial de Motocrós xógase de novo o domingo na Galega, que ofrecerá o MXGP de Finlandia (14.00 h e 16.00 horas), premio en que Tim Gajser, líder na clasificación xeral, podería proclamarse campión do mundo. No torneo, Jeremy Seewer ocupa a segunda praza e o lucense Jorge Prado, a 34 puntos do suízo, polo de agora o terceiro posto. Pola súa parte, o vigués Rubén Fernández ocupa o sexto posto da táboa.

Fuente Crtvg.es