Novos capítulos de ‘Do dereito e do revés’, con Moncho aproveitando a ausencia da súa ex-muller para converter o ximnasio nun bar de copas

0
10

O protagonista intentará financiar así a viaxe da súa filla ao Caribe

Novos capítulos de 'Do dereito e do revés', con Moncho aproveitando a ausencia da súa ex-muller para converter o ximnasio nun bar de copas

Santiago, 01.07.2020.-   Televisión de Galicia comeza esta noite a emisión de novos capítulos da serie ‘Do Dereito e do Revés’ (22.35 h), unha comedia sobre galegos que precisan un avogado, con Víctor Fábregas como protagonista no papel de Moncho Patiño, un letrado moi peculiar e bastante trapalleiro.

Na entrega desta noite, ante as ganas de Lucía de ir ao Caribe para aumentar os seguidores da súa canle, Adela asegúralle que seu pai lle pagará a viaxe, cousa á que Moncho non é quen de negarse. Deste xeito, os homes decidirán converter o ximnasio nun bar de copas aproveitando a ausencia de Sara, que marcha visitar unha tía enferma.

O póster dunha paisaxe do Caribe ilustra a viaxe soñada de Lucía para gañar seguidores nas redes sociais. A foto tamén representa os anhelos dos clientes da inmobiliaria de Adela, xa que lles vende que esas son as vistas duns apartamentos que aluga.

Fuente Crtvg.es