O actor Antonio Garrido e o presentador Adrián Díaz serán protagonistas de divertidas situacións no 'Land Rober Tunai Show' desta semana

0
28

Santiago, 24.01.2019.-   O carismático actor Antonio Garrido vén pintar a mona nunha noite en que o programa “Land Rober Tunai Show” (22.10 h.) tamén recibirá a polifacética actriz e cómica Sara Escudero. Os dous serán protagonistas dunha complexa situación no hospital e xogarán coas palabriñas máis rebuscadas e divertidas no ‘Que me estás contando!’.

E, como o público sempre é un dos protagonistas, o espazo da TVG recibirá hoxe a María da chamada dos Casquetes. A señora da risa contaxiosa da semana pasada vén dar a nota.

Por se fose pouco, volve o ‘Quen vés sendo?’, onde Roberto Vilar xogará co presentador Adrián Díaz, que acaba de estrear “Larpeiros Diplomados” deberá enfrontarse ao castigo máis suculento do ‘Land Rober’: o ovo cru con vinagre. Quen será a señora que sorprenda desta vez os espectadores?

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here