O actor Antonio Resines chega este xoves ao ‘Land Rober Tunai Show’ disposto a leala e a non facerlle caso a ninguén

0
2

O programa presentado por Roberto Vilar (22.15 h) recupera o reto do teléfono, en que tamén participará o intérprete galego Carlos Blanco

O actor Antonio Resines chega este xoves ao 'Land Rober Tunai Show' disposto a leala e a non facerlle caso a ninguén

Santiago, 27.02.2020.-   Este xoves vai ser unha auténtica tolemia no ‘Land Rober Tunai Show’ coa visita de Antonio Resines, que xa avisou que a vai liar e que non lle vai facer caso a ninguén. O actor galego Carlos Blanco tamén se unirá ao show.

Ademais, o fillo dos mariscadores volve ter problemiñas. Josito vai independizarse pero dun xeito ben particular: botando da casa a Maruxa e a Paco! Por se isto fose pouco,  volve o reto do teléfono. As bromas máis divertidas chegarán con Antonio Resines e Carlos Blanco marcando números ao chou. Que saíra disto?

Con todo este labirinto montado, tampouco queren perder o show Eva Iglesias e David Perdomo, que, unha semana máis, acompañarán a Roberto Vilar no buque insignia do humor na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es