O actor e cantante Fran Perea acode esta noite pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’

0
24

Comprobará o talento que hai en Galicia en ‘Dando a nota’ e, ademais, volve o xogo máis perigoso do programa, o ‘Mira quen chama’

O actor e cantante Fran Perea acode esta noite pintar a mona ao 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 12.05.2022.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ (22.00 h) ponse hoxe nostálxico coa visita dun artista moi querido: a actor e cantante Fran Perea, que se deu a coñecer nunha das series de máis éxito dos anos 2000 e que esta noite vai comprobar o talento que hai en Galicia en ‘Dando a nota’, onde non faltará o ritmo orquestreiro.

Ademais, volve o xogo máis perigoso do programa, o ‘Mira quen chama’. Teléfonos sobre a mesa, e ollo, porque calquera pode chamar a Víctor Fábregas, Miguel Canalejo, Eva Iglesias e Roberto Vilar.

Por se fose pouco, os integrantes de Protección Civil veñen cunha nova misión, e a alcaldesa de Traspazos terá esta semana un bo apuro.

Fuente Crtvg.es