O actor Miguel Ángel Muñoz revolucionará este xoves o estudio do ‘Land Rober Tunai Show’

0
11

O programa presentado por Roberto Vilar arranca o ano con novos propósitos para este 2022

O actor Miguel Ángel Muñoz revolucionará este xoves o estudio do 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 13.01.2022.-     O programa ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) arranca o ano coa visita do actor Miguel Ángel Muñoz, que vai contar algo máis sobre o seu documental ‘100 días con la Tata’, pero tamén será posto a a proba nunha entrega especial do ‘Pasa pa casa’ edición ‘avoas molonas’.

Seguindo o dito de “ano novo, vida nova”, o espazo presentado por Roberto Vilar non vai esquecer facer fincapé nos propósitos para este 2022. Así, o alcalde de Pazos irá ás ‘Mañás de Marilú’ a presentar un torneo de tenis que contará coa presenza de Novak Djokovic.

Ademais, os espectadores descubrirán esta noite que un rei mago quedou perdido en ‘Casa Dosinda’. O público tamén será o protagonista en ‘Vexo voces’. Quen cantará de verdade?

Fuente Crtvg.es