O actor portugués Pedro Barroso visita esta noite o ‘Land Rober Tunai Show’, onde Roberto Vilar lle ten preparado un divertido reto

0
16

Pola súa parte, Antonio Garrido vai experimentar o que pasa en Pazos nuns ‘Xogos da lura’ moi particulares (21.55 h)

O actor portugués Pedro Barroso visita esta noite o 'Land Rober Tunai Show', onde Roberto Vilar lle ten preparado un divertido reto

Santiago, 11.11.2021.-    Segue a xeira dos guapos no ‘Land Rober Tunai Show’, a onde hoxe chega o actor portugués Pedro Barroso, a quen Roberto Vilar lle ten preparado un reto ao máis puro estilo ‘Superprendas’. Se non acertan, un deles terá que sacar unha peza de roupa.

Ademais, no programa desta noite volve Dosinda, que vai recibir unha mala noticia. Pero o equipo do ‘Land Rober’ ten unha solución para os seus males, en que Pedro Barroso ten moito que ver.

Ao show unirase o actor Antonio Garrido, que vai experimentar o que pasa en Pazos nuns ‘Xogos da lura’ con alcaldesa e todo. Por se fose pouco, o público vai ser protagonista dunha argallada preparada para Miguel Canalejo. Como de contentos terá os seus veciños?

Fuente Crtvg.es