O actor Xosé A. Touriñán e o ex-futbolista Donato acompañan o elenco de 'Malo Será!' no espectáculo que ofrece en Ourense

0
4

Santiago, 12.06.2019.-    O actor Xosé A. Touriñán e o ex-xogador do Deportivo da Coruña Donato únense este mércores ás dúas horas de humor que propón cada semana ‘Malo Será!’, o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país e que recala nesta ocasión no Auditorio Municipal de Ourense.

Neste programa, os espectadores asistirán á retransmisión da comida dunha parella de turistas nunha terraza da praia de Samil, observarán a detención e posterior declaración dun árbitro de fútbol e acompañarán unha paciente á Clínica Rexurdir para deixar de fumar. Todo isto e moito máis, baixo o título ‘Mil Burgas máis’.

Coma sempre, ‘Malo Será!’ contará cos mellores cómicos da escena galega e, deste xeito, uniranse a Touriñán e Donato os actores e actrices Marcos Pereiro, Lucía Veiga, Paula Pier, Cristina Andrade, Marita Martínez, Oswaldo Digón e Evaristo Calvo.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here