O artista Ricky Merino dará boa mostra do seu humor e versatilidade no ‘Land Rober Tunai Show’ deste xoves

0
11

Santiago, 9.12.2021.- O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves o versátil Ricky Merino. O showman vai experimentar todo o talento que hai en Galicia en tema de orquestreo nunha nova entrega de ‘Dando a nota’. O convidado vai quedar pampo cos dúos, tríos, cuartetos musicais e intrusos…

Pola súa parte, Dosinda contará hoxe coa visita dun cliente un tanto peculiar: o inventor dos bitcoins. Esta xuntanza pode dar moito que falar e Ricky Merino vai ter moito que ver nisto!

Por se fose pouco, volve o ‘Quen vés sendo?’, onde Noelia Rey e Arturo Fernández, que teñen algo importante que anunciarlle a toda Galicia, van ter que atinar cal é a verdadeira identidade da señora que visita o programa.

Isto e máis coa tropa do ‘Land Rober Tunai Show’: Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas esta noite, a partir das 21:55 horas, na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es