O artista sevillano Falete, convidado estrela no ‘Bamboleo’ deste sábado

0
15

Santiago, 24.11.2022.-   ‘Bamboleo’ contará esta noite con Falete como convidado estrela. O artista sevillano subirá ao escenario para cantar temas que marcaron a súa traxectoria profesional.  Interpretará títulos como ‘Sin censura’, ‘El que la hace la paga’ ou ‘Sombras nada más’, grandes temas da historia da música española e latinoamericana versionados polo propio Falete.

Os colaboradores do programa convidarán a Falete a participar en diferentes probas, como o ‘Sobes ou Baixas’, con Tamara Pérez, e o xogo de Claudio Pan, hoxe con contido musical. Tamén Isi regresará cun novo e divertido conto.

Ademais, dúas estrelas da verbena galega, Ángel Hasegawa e Ángel Sevilla, estarán en ‘Bamboleo’ interpretando un tema no que uniron as súas voces e o seu talento: ‘Loco’.

No que a orquestras se refire, unha formación ferrolá con máis de 60 anos de actividade, Los Players, será a encargada de facer bailar a todos os presentes. No ‘Dirtidansi’, por outro lado, a parella campionísima formada por Marta e Roy fará dúas exhibicións de bachata.

Os participantes do ‘Agora ou Nunca’ serán Pili Feal, que cantará ‘Fue difícil’, de Rodrigo Tapari, e Mario Reinamar, que se atreverá con ‘Los Mayorales’, de Manolo Escobar. No karaoke de ‘A Jrileira’ xogarán as comisións de festas de Doso e O Val, ambas as dúas de Narón.

Finalmente, un concursante do público xogará na ‘ITV do Amor’ contra a parella de namorados, que esta noite chegará acompañada de dúas amigas para afrontar a proba máis picante do ‘Bamboleo’.

Fuente Crtvg.es