O cantante granadino Antonio Carmona repasará a súa traxectoria artística no programa ‘Bamboleo’

0
14

Santiago, 31.07.2021.-     O cantante granadino Antonio Carmona visita esta noite o estudio de ‘Bamboleo’ para repasar a súa traxectoria artística e gozar dunha noite de festa. O ex do grupo Ketama interpretará éxitos da súa carreira en solitario, como ‘Mencanta’ ou ‘Vengo venenoso’. Carmona compartirá vivencias da súa carreira e participará nos xogos dos colaboradores do programa, Claudio Pan e Tamara Pérez.

O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá este último sábado do mes de xullo a visita da cantante galega Sabela, que, con 14 discos no mercado, acaba de facer unha versión moi marchosa dun tema do dúo Baccara, que ela titula ‘En galego moito mellor’.

Gregory e Jessica, unha parella de bailaríns e coreógrafos internacionais, precursores do estilo bachata urbana, serán os protagonistas do ‘Dirtidansi’ desta noite. A orquestra Finisterre traerá ritmos moi variados, desde os máis festeiros ata os máis sentidos.

No ‘Agora ou Nunca’, os protagonistas serán Andrea Gutiérrez, que interpretará  ‘Triniá’, de Perlita de Huelva, e Baltasar Caramés, que cantará a versión que fixo Luis Miguel de ‘Échame la culpa’, orixinal de Albert Hammond.

En ‘A Jrileira’ cantarán Hugo, polo Club Triatlón Ferrol, e Yolanda, polo Club de Golf Río Cabe, de Monforte de Lemos. Interpretarán ‘Felices los 4’, de Maluma, e adiviñarán cantantes coa axuda dos seus colegas.

Finalmente, Xulio e tres mozas xogarán na proba máis picante do programa: a ‘ITV do Amor’. Farán todo o posible por despistar un participante do público e impedir que descubra quen é a súa verdadeira parella. Iso á vez que aturan os comentarios dos colaboradores: Isi, Damián, Tamara e Javier Varela

Fuente Crtvg.es