O cantante Teo Cardalda, as mulleres de Malvela e o líder de Los Satélites, Noly Rodríguez, disputan esta semana o ouro do ‘Tupper Club’

0
55

O seu reto consistirá en facer pratos con ingredientes que se poidan mercar nunha feira galega

O cantante Teo Cardalda, as mulleres de Malvela e o líder de Los Satélites, Noly Rodríguez, disputan esta semana o ouro do 'Tupper Club'

Santiago, 26.07.2022.-    Na entrega de ‘Tupper Club’ deste martes (23.15 h) competirán para levar o ouro do programa o cantante Teo Cardalda, que contará coa axuda da súa muller e parella no grupo Cómplices, María Monsonís, as mulleres do grupo tradicional Malvela e o líder da orquestra Los Satélites, Noly Rodríguez.

O chef e presentador do programa, Álex Iglesias, proporalles o reto desta semana: facer pratos con ingredientes que se poidan mercar nunha feira galega. Quen será o gañador da proba? Como valorarán cada un deles as receitas dos seus rivais? Todas as respostas están no ‘Tupper Club’ de hoxe.

Fuente Crtvg.es