O Celta B-Deportivo será protagonista do ‘Galicia en Goles’ deste sábado, na Radio Galega

0
29

Santiago, 22.09.2022.-    A Radio Galega inicia este venres as retransmisións deportivas da fin de semana. Desde as 20.30 h, a primeira edición de ‘Galicia en Goles’ contará desde A Malata as semifinais da Copa Galicia de baloncesto feminino, mentres que en Riazor o Liceo xogará contra o San Cugat na Liga de hóckey a patíns.

O sábado, a partir das 15.00 h, o protagonista principal será o derbi da Primeira Federación entre o filial do Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, no estadio municipal de Balaídos. Nesta categoría tamén destaca o Algeciras-Rácing de Ferrol, no Nuevo Mirador. O fútbol da Segunda e Terceira RFEF, xunto ao Noia-Levante, a estrea do equipo galego na Primeira División de fútbol sala, completan a oferta deportiva do día. A partir das 23.00 h, o ‘Galicia en Goles’ dará paso ao espazo ‘#GaliciaEnXogo’ para falar primeiro de motor e logo da actualidade dos deportistas galegos que preparan os Xogos Olímpicos de París 2024.

Xa o domingo, a partir das 12.00 h, a edición matinal do espazo da RG estará na Malata coa final da Copa Galicia de baloncesto feminino, xunto aos tres partidos adiantados da Terceira RFEF. Desde as 15.00 h, o Lugo-Oviedo, de Segunda División profesional, centrará a xornada da tarde, xunto ao Pontevedra-Linense, de Primeira RFEF, e o calendario de Segunda e Terceira RFEF. Tamén terá presenza o balonmán, coa partido da Liga Asobal no Gatañal entre o Cangas e o Torrelavega. Unha vez que remate a xornada, ás 23.00 h, chegarán os especialistas de ‘Ao Contraataque’ para debater ata as 01.00 h sobre os resultados dos equipos galegos.

Fóra do ‘Galicia en Goles’, o ‘Convivir Deportivo’ estrea nova temporada, coa novidade do cambio de denominación. Desde este sábado, ás 13.00 h, o programa que dirixe Alfonso Pardo íntegrase no proxecto ‘#GaliciaEnXogo’. Nesta ocasión visitará o Noia, que horas despois debutará na máxima categoría do fútbol sala español.

Todas as retransmisións deportivas da emisora autonómica chegan á audiencia a través da FM, TDT, radiogalega.gal, Radioplayer España e g24.gal. Os oíntes tamén poden ver a emisión da tarde de ‘Galicia en Goles’ a través de ‘Mira RG’, na páxina web, ou da canle da Radio Galega en YouTube.

Fuente Crtvg.es