O ‘chikilicuatre’ David Fernández e o patinador Javier Fernández veñen pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’

0
20

O espazo presentado por Roberto Vilar contará esta noite coa presenza dunha das princesas máis xélidas: Elsa, de ‘Frozen’, que participará no ‘Primeiras Citas’

O 'chikilicuatre' David Fernández e o patinador Javier Fernández veñen pintar a mona ao 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 19.12.2019.- O programa ‘Land Rober Tunai Show’ (22.25 h) recibe este xoves dous cracks: o cómico David Fernández, coñecido polo seu personaxe ‘Chikilicuatre’, e o dúas veces campión do mundo en patinaxe artística, Javier Fernández.

Por se fose pouco, o espazo da TVG presentado por Roberto Vilar contará esta semana coa presenza dunha das princesas máis xélidas. Elsa, de ‘Frozen’, estará esta noite en ‘Primeiras Citas’ e conto vai cambiar un pouco.

Ademais, volven as palabriñas máis rebuscadas e sorprendentes no ‘Que me estás contando?’. Serán capaces David Fernández e Javier Fernández de retar outro Fernández? David Perdomo e Eva Iglesias tampouco perderán esta noite de risas aseguradas.

Fuente Crtvg.es