O cociñeiro Robin Food e a cantante galega Sabela Ramil, convidados esta semana no ‘Land Rober Tunai Show’

0
75

Ademais, da man do médico e nutricionista Manuel Viso, os espectadores descubrirán os costumes dos galegos en tema de papatoria

O cociñeiro Robin Food e a cantante galega Sabela Ramil, convidados esta semana no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 06.05.2021.-    O espazo ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) recibe este xoves o cociñeiro Robin Food, coñecido polas súas ‘Guarrindongadas’, e a cantante galega Sabela Ramil, que participou en OT.

Roberto Vilar e compañía van poñer a proba a intuición de Robin Food a base de marisco. Ademais, da man do médico e nutricionista Manuel Viso, os espectadores descubrirán os costumes dos galegos en tema de papatoria. Pola súa parte, Sabela Ramil vai ter que andar con tino en ‘Danzante ou Farsante’, onde queda moito talento galego por coñecer.

Ademais, volve a familia de mariscadores máis peculiar. Desta volta, os pais de Josiño téñenlle un substituto. Como reaccionará o rapaz?

Fuente Crtvg.es