Os espectadores deberán estar atentos se queren gañar a lotaría de João Simões e ao abraiante regreso da familia de mariscadores ao programa
Santiago, 02.12.2021.- Os espectadores e o equipo do ‘Land Rober Tunai Show’ botarán unhas boas risas co comentarista deportivo e recente gañador do talent show ‘Masterchef’, Juanma Castaño. O programa porá a proba o sentido do humor do xixonés e tiraralle da lingua porque disque xa está preparando o seu casamento…
Este xoves á noite regresa ao estudio a familia de mariscadores máis argalleira. Seica Josiño agora quere ser cantante e montou un dúo con outro artista. Quen será? Non o perdades, porque a audiencia vai quedar pampa con este descubrimento.
Amais, os seguidores deste espectáculo da Galega deberán estar moi atentos se queren gañar a lotaría de João Simões. Isto e máis con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo este xoves, a partir das 21:50 horas na Televisión de Galicia.
Fuente Crtvg.es