‘O compás do tempo’ acompaña esta semana a don Quixote na busca da súa orixe e do seu pasado

0
17

Os espectadores da serie documental da G2 descubrirán que a RAG conta con varias traducións da obra de Cervantes e que en Galicia aínda quedan muíños de vento

‘O compás do tempo’ acompaña esta semana a don Quixote na busca da súa orixe e do seu pasado

Santiago, 04.01.2022.-  A serie documental ‘O compás do tempo’ (22.55 h) situarase no capítulo desta semana no ano 1605, cando Miguel de Cervantes Saavedra culmina a súa obra cumio, ‘O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha’. Xa na actualidade, algo estraño acontece: un misterioso home xorde duns muíños, di que é Alonso Quijano e que está a buscar a Dulcinea do Toboso. O espazo da G2 acompañarao hoxe na busca da súa orixe e do seu pasado.

Falar do Quixote é falar da Mancha, pero non hai que esquecer que a Real Academia Galega conta desde hai algúns anos con varias traducións do Quixote. Ademais, a pesar de que non son moi coñecidos, aínda quedan muíños de vento en Galicia.

Fuente Crtvg.es