‘O compás do tempo’ emprende esta semana a ruta de Goya, personaxe ao que fará viaxar a 2020

0
4

Santiago, 30.11.2021.-  A serie documental ‘O compás do tempo’ (23.25 h) sitúase hoxe no ano 1808, cando os españois se levantan contra Napoleón. Un home foi capaz de captar cos seus pinceis o desastre da Guerra da Independencia: Francisco de Goya.

En 2020, máis de 200 anos despois, un home asegura que viaxou no tempo e di ser o mesmísimo Goya. A súa maxia permitiralle volver á casa, á súa época. Nesta ruta de Goya, ‘O compás do tempo’ pasará pola Coruña, Bordeos, Madrid, Chinchón, Zaragoza, e Fuendetodos.

Os espectadores descubrirán que, aínda que nunca se poderá demostrar completamente, son moitos os estudosos que afirman que son dous galegos os protagonistas do famoso cadro de Goya ‘Duelo a palos’. A tradición di que eran dous boieiros, os que traballaban con bois. Certo ou non, o que está claro é que se trata dun dos lenzos máis importantes do pintor.

Ademais, a serie documental da G2 amosará a súa vida, a súa relación coa Casa Alba, etc. E a escritora Carmen Posadas, experta en Goya, contará moitos máis detalles do personaxe.

Fuente Crtvg.es