O compostelán Roi Méndez dará boa mostra do seu sentido do humor e do seu talento no ‘Land Rober Tunai Show’

0
12

O programa da Galega recibirá, amais, as destacadas visitas da raíña Isabel II e da alcaldesa máis disparatada

O compostelán Roi Méndez dará boa mostra do seu sentido do humor e do seu talento no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 20.01.2022.-  Este xoves chega á TVG un dos triunfitos máis queridos, o compostelán Roi Méndez, quen asiste coas ganas de revolucionar o estudio do ‘Land Rober Tunai Show’.

O equipo do programa vai comprobar esta noite canto sabe o artista galego do talento que hai en Galicia, nunha nova entrega de ‘Vexo voces’ e porá a proba a relación cos seus excompañeiros dun xeito ben peculiar…

Esta edición contará tamén coa destacada visita da raíña Isabel II. Os espectadores verán como a reciben na casa real. E chega, ademais, a alcaldesa máis disparatada cunha subvención debaixo do brazo! A cousa cheira mal!

Isto e máis, con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Víctor Fábregas e Miguel Canalejo, este xoves, a partir das 21.50 h, na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es