O concurso "Vai de baile" volve este venres a "Luar", que contará tamén con Xosé Manuel Budiño e Mercedes Peón

0
167

Santiago, 21.04.2017.- O concurso de baile tradicional “Vai de baile” volve este venres ao “Luar”. As parellas de bailaríns  Arruadores de Compostela e Foliadores de Lorient estrearán a sétima edición do certame, que contará cun xurado de luxo formado por Chisco Feijoo, Montse Rivera e Cristian Silva, bailadores e mestres de baile. 

Os ritmos tradicionais seguirán enchendo o escenario con dous gaiteiros internacionais, Xosé Manuel Budiño e Mercedes Peón, quen ademais de tocar e cantar pezas dos seus repertorios por separado se xuntarán para interpretar un tema en que colaboraron, “Aire do cruceiro”. O programa tamén contará coa actuación da banda madrileña de pop Atacados,  que situou a súa canción “Hasta que salga el sol” nas listas de éxito en España e América Latina. 

Por outra parte, a cantante andaluza Tamara interpretarán cancións de sempre como “El gato que está triste y azul”, éxito de Roberto Carlos que versiona, e Alberto Cortez levará ao escenario “El abuelo”, o tema máis emblemático da súa extensa discografía. A orquestra Capitol, a Banda de Música Popular de Tui, as agrupacións Fungueirazos e Tarabeliños da Asociación Cultural Donaire e o grupo portugués Pauliteiros de Vila Nova de Anços completan o elenco de artistas musicais que pasarán esta noite polo “Luar”.

Ademais, o público sorprenderase co espectáculo de pole act do artista circense Aris Zavatta, e rirá co humor de Moncho Borrajo. No concurso “Recantos”, será a quenda de Verónica Cambón, de Terras de Lugo, e Naty, do Bierzo.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here