O Cristo da Vitoria de Vigo e a Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, protagonistas este domingo en ‘Aquí Hai Verán’

0
33

Ademais, o programa (22.00 h) meterase no ambiente de nocturno de Sanxenxo e festexará o Santiago Apóstolo e a Santa Ana na localidade ourensá de Parada de Amoeiro

O Cristo da Vitoria de Vigo e a Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, protagonistas este domingo en 'Aquí Hai Verán'

Santiago, 02.08.2020.-   Un domingo máis, a Televisión de Galicia demostrará que ‘Aquí Hai Verán’. O programa presentado por Tania Veiras e Silvana Moril dará nesta ocasión un paseo polo ambiente nocturno de Sanxenxo, un concello que durante o verán se converte na capital das Rías Baixas. Os espectadores saberán por que é un dos destinos máis desexados de Galicia durante a época estival.

‘Aquí Hai Verán’ tamén fará unha parada no Cristo da Vitoria, en Vigo. O equipo do programa asistiría á novena e ao pregón que se realiza no Pazo de Castrelos, dous puntos onde terá a oportunidade de falar co moitos devotos do Cristo e tamén co sacerdote da Colexiata e coa presidenta da confraría… Pese a que este ano non hai procesión, amosarase como se vive con esta nova normalidade un día tan destacado como este.
      
Ademais, o espazo da TVG estará festexando o Santiago Apóstolo e a Santa Ana en Parada de Amoeiro, unha cita que se celebrará baixo o paraugas da nova normalidade. Esta parroquia ourensá é unha das poucas que celebrará as súas festas este 2020 e ademais contan con actividades durante o sábado, o venres e o domingo.
    
Como non podía ser doutro xeito, o programa estará tamén en Moraña, na celebración da Festa do Carneiro ao Espeto. Nesta ocasión, non houbo xantar popular, pero si a tradicional preparación do carneiro ao espeto dende as 6 da mañá. Nesta cita non faltou a música, o humor de Touriñán, o ambiente das peñas e a recollida do xantar grazas ao ‘espeto exprés’.

Fuente Crtvg.es