O debut da Arxentina ante Chile na Copa América, esta noite, en directo na TVG

0
11

Santiago, 14.06.2021.-     A TVG continúa esta noite ofrecendo para Galicia os partidos máis destacados da Copa América 2021, o principal torneo futbolístico entre as seleccións dos países de América do Sur. A partir das 23.00 horas e en directo, a canle pública achegará o debut da selección da Arxentina ante Chile no estadio olímpico Nilton Santos, no Río de Xaneiro.

En total, a Galega emitirá 10 partidos, repartidos entre as catro etapas da competición: fase de grupos, cuartos de final, semifinais e final. A seguinte cita da canle pública coa Copa América 2021 chegará na fin de semana, na madrugada do venres ao sábado, ás 02.00 horas, cando A Arxentina se mida co Uruguai .

Por mor da pandemia, a Copa América 2021 dispútase por sexta vez no Brasil, en sedes do Río de Xaneiro, Goiania, Cuiabá e Brasilia. Organizada pola Conmebol, nesta 47ª edición participan dez seleccións -A Arxentina, Bolivia, O Uruguai, Chile, Paraguai, O Brasil, Colombia, Venezuela, O Ecuador e O Perú-, logo das baixas de Australia e Qatar. A final do torneo xogarase o 10 de xullo no mítico Maracaná do Río de Xaneiro.

Fuente Crtvg.es