A G2 e a web da CRTVG ofrecerán hoxe este duelo, ás 20.00 horas, desde o Pazo dos Deportes de Riazor
Santiago, 01.12.2020.- O derbi galego Leyma Básquet Coruña-Leche Río Breogán dispútase hoxe, en directo, nos medios públicos galegos. O partido, aprazado na terceira xornada do campionato LEB Ouro por casos de coronavirus no conxunto lucense, xogarase ás 20.00 horas no Pazo dos Deportes de Riazor.
A G2 e a web da CRTVG ofrecerán este encontro de máxima rivalidade entre ambos conxuntos galegos, que se sitúan na metade da táboa, cos mesmos puntos na clasificación. A transmisión contará cos comentarios na cancha de Roberto Prado e Edgar Paz.
Fuente Crtvg.es