O programa (21.55 h) felicitará as campioas Ana Peleteiro e Belén Toimil polas súas recentes marcas de podio no Campionato Europeo e contará coa presenza da familia de mariscadores e dunha nova entrega de ‘Casados ou divorciados’
Santiago, 11.03.2021.- O ‘Land Rober Tunai Show’ deste xoves vai ser apoteósico, tanto que será a primeira vez en que o propio Roberto Vilar coñecerá os convidados á vez que o resto dos espectadores. Unha parella de convidados sorpresa, dúas estrelas que brillan con luz propia e que darán moito que falar.
Ademais, o programa da TVG felicitará as campioas Ana Peleteiro e Belén Toimil polas súas recentes marcas de podio no Campionato Europeo.
Por se fose pouco, volve a familia de mariscadores máis divertida. Josiño leva días sen ir pola casa porque estivo en Abu Dhabi e trae moito que contar. Ademais, non faltarán os xogos co público e unha nova entrega de ‘Casados ou divorciados’.
Fuente Crtvg.es