O día 17 a Radio Galega emitirá desde lugares que marcaron a vida de Antonio Fraguas

0
10

Santiago, 15.05.2019.- Entrevistas, dramatizacións e ata un concurso de podcasts serán protagonistas da programación especial da RG o venres 17 para celebrar o Día das Letras Galegas. Pola mañá, o ‘Galicia por diante’ estará en Cotobade, vila natal de Antonio Fraguas, mentres que pola tarde ‘Diario cultural’ emitirase en directo desde o Museo do Pobo Galego en Santiago, institución que dirixiu o homenaxeado escritor. 

Desde as 9:30 h da mañá, o ‘Galicia por diante’ retransmitirá os actos organizados pola Real  Academia Galega (RAG) e a Xunta de Galicia con  motivo desta data. O espazo conversará con Malores Villanueva, a biógrafa do autor; con Víctor Freixanes, presidente da RAG e con Fina Casalderrey, membro desa mesma institución.Os ouvintes tamén poderán escoitar dous dos oito premiados no I Concurso de Podcasts impulsado pola Consellería de Educación e dirixido a centros educativos públicos. O resto de creacións premiadas serán emitidas ao longo de toda a xornada. 

Xa pola tarde, ás 18 h, o ‘Diario cultural’ emitirá en directo desde o Museo do Pobo galego durante unha hora, o dobre do tempo habitual. Alí, neste museo que forma parte do  legado de Fraguas a Galicia e no que CRTVG gravou o vídeo conmemorativo que se emite estes días na canle pública, terán lugar entrevistas con María Xosé Fernández Cerdiño, a subdirectora do museo; Rosa Méndez, bibliotecaria encargada dos cerca de 20.000 libros doados polo escritor; e Encarna Otero, que ademais de ser historiadora foi amiga persoal de Fraguas.  Ademais, ás 19 h haberá un programa feito por Amelia García a partir do arquivo histórico da RG sobre distintas edicións das Letras Galegas.

Durante todo o día a voz de Fraguas soará na radio a través das máis de 50 gravacións que el mesmo fixo no seu día. Tamén se emitirán dramatizacións sobre a vida e obra do escritor.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here