O 'Diario Cultural' da Radio Galega emitirase este venres dende a sala Iguana de Vigo

0
16

Santiago, 27.12.2018.- Este venres, a sala de concertos viguesa La Iguana será o lugar escollido para a emisión do programa cultural máis antigo das ondas galegas, o ‘Diario Cultural’ da Radio Galega. A partir das 17.30 horas emitirase este especial dende a sala Iguana, que con este programa celebra os seus 28 anos de vida.

Nesta edición terán voz os seus propietarios e encargados, que farán un percorrido pola intensa vida da sala, dende a súa fundación no ano 1990. A Iguana foi punto de encontro para os afeccionados do rock and roll da cidade viguesa e reuniu a algúns dos grupos máis coñecidos do panorama galego. Un dos convidados principais será Billy, encargado da sala durante moitos anos, labor que compaxinou co seu traballo de músico no grupo Killer Barbies.

Para falar da influencia de Iguana na música viguesa intervirá no espazo Xosé Otero, presentador do programa ‘A Canteira’ de Radio Ecca. Otero explicará a historia dos grupos que se deron a coñecer na sala viguesa.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here