O documental checo ‘A conciencia como negocio’ aborda na G2 as consecuencias das neglixencias médicas

0
5

O traballo denuncia a desprotección dos pacientes nese país, ante os erros fatais cometidos por profesionais, que hospitais e autoridades sanitarias agochan

O documental checo ‘A conciencia como negocio’ aborda na G2 as consecuencias das neglixencias médicas

Santiago, 22.06.2021.-  A G2 ofrece este martes á noite ‘Infiltración: a conciencia como negocio’ (‘Infiltration: conscience as a business’), documental (23.30 h) realizado pola televisión pública checa que aborda as graves consecuencias das neglixencias médicas, por ignorancia ou omisión.

O equipo de produción do documental estivo dous anos observando con cámaras ocultas a realidade diaria de hospitais, institucións e clínicas. Neste tempo constatou a mellora da situación nas institucións sanitarias, con respecto a quince anos atrás, onde a meirande parte do persoal agora amosa respecto aos pacientes, aínda que se mantén o problema de base: persoal escaso e salario baixo, para demasiado traballo.

Ás queixas dos pacientes, xeneralizadas na arrogancia das batas brancas e na falta de información, cómpre salientar os erros fatais cometidos por profesionais que hospitais e autoridades sanitarias agochan. Xestión e cobertura legal de médicos e situacións coas que unha persoa con conciencia non podería vivir e, moito menos, as vítimas que teñen que vivir con iso toda a vida. Os pacientes contan só coa defensa de organizacións e avogados especializados.

Fuente Crtvg.es