O documental da G2 achégase hoxe ao día a día de estudantes con ‘Altas capacidades’

0
12

Dirixido por Xavier Bermúdez, intenta transmitir como afrontan as dificultades e posibilidades coas que se atopan a diario

O documental da G2 achégase hoxe ao día a día de estudantes con 'Altas capacidades'

Santiago, 28.06.2022.-    A G2 trae este martes á noite ‘Altas capacidades’, un novo documental participado pola Televisión de Galicia, Un traballo que lles intenta transmitir aos espectadores como estudantes de distintas idades, con altas capacidades, senten e comprenden as dificultades e posibilidades coas que se atopan a diario.

Entre as intervencións que recolle o documental, cómpre salientar a participación de Carmen Pomar Tojo, doutora en Psicoloxía Infantil e directora da Unidade de Altas Capacidades da USC, que ofrecerá claves para a súa detección e explicará como é o seu traballo de orientación de familias con fillos/as de Altas Capacidades, entre outras cuestións.

Dirixido por Xavier Bermúdez, este novo documental está producido por Xamalú Filmes, coa colaboración da TVG.

Fuente Crtvg.es