Galardoado co premio ao ‘Mellor documental sobre un membro dunha minoría da sociedade’ no Festival Circom 2020, o filme (22.55 h) aborda a cuestión do enfrontamento á adversidade
Santiago, 27.07.2021.- A segunda canle da Galega estrea esta noite de martes un novo documental, ‘O longo traxecto de Nicolai’, unha historia en que a superación e a ilusión pola vida son protagonistas.
Tras un accidente de tráfico, Nicolai, un mozo de 20 anos, queda prostrado nunha cama. Mais o cariño da súa familia e os seus esforzos por devolverlle as ganas de vivir e evitar que entre en depresión farán que medre un novo proxecto en común: as carreiras de tractores, moi habituais na súa Dinamarca natal.
Galardoado co premio ao ‘Mellor documental sobre un membro dunha minoría da sociedade’ no Festival Circom 2020, este filme danés aborda un tema tan próximo como universal: a necesidade de non sucumbir ante a adversidade.
Fuente Crtvg.es