O documental ‘Sen vergoña’, que trata de rachar barreiras e prexuízos entre a xuventude, estrea na G2

0
23

Esta produción norueguesa obtivo unha mención no Premio CIRCOM 2021, na categoría ‘Minorías na sociedade’ (23.25 horas)

O documental 'Sen vergoña', que trata de rachar barreiras e prexuízos entre a xuventude, estrea na G2

Santiago, 5.4.2022.- O documental que este martes se estrea na TVG é ‘Sen vergoña’ (‘Shameless’), unha produción da NRK, a corporación pública norueguesa, que obtivo unha mención no Premio CIRCOM 2021, na categoría de ‘Minorías na sociedade’.

Este documental analiza como a relixión inflúe nos mozos e mozas de Noruega. Sofía e Nancy son dúas mulleres novas de minorías, que queren investigar como a mocidade pode vivir a súa vida sen un control social negativo e sen ser vítima da cultura da vergoña. Para isto, pregúntanlles aos seus compañeiros e aos adultos sobre temas importantes como a relixión, a liberdade e a sexualidade.

‘Sen vergoña’ é un filme que trata de rachar barreiras e prexuízos e contribuír a eliminar a opresión da xuventude.    

Fuente Crtvg.es