O dúo Andy y Lucas celebra esta noite os seus 20 anos no mundo da música cos espectadores de ‘Bamboleo’

0
68

Santiago, 05.11.2022.-    Xosé Manuel Piñeiro e os seus colaboradores preséntanse esta noite na Televisión de Galicia con todo disposto para facerlles pasar una noite realmente divertida aos seus seguidores. Hoxe o ‘Bamboleo’ chega cuns convidados tan especiais como o dúo Andy y Lucas e a orquestra Cinema.

O dúo gaditano está a piques de celebrar os seus 20 anos no mundo da música e farao cun disco titulado ‘20 años en 20 canciones’, un disco que vai incluír importantes colaboracións.

Con disco debaixo do brazo chega a orquestra Cinema, que está facendo unha temporada chea de éxitos na verbena galega. Ademais, a artista galega Alise estréase esta noite como artista no ‘Bamboleo’. Presentará o seu sinxelo ‘Valentes’, unha composición sorprendente.

Desde Valencia chegará a parella de baile profesional convidada esta noite: Leandro e Andrea, grandes amantes do mambo. Esta noite farán dúas exhibicións fantásticas. Por suposto, haberá tamén ‘Agora ou Nunca’, vídeos no ‘Sobes ou Baixas’, xogos e Isi estará contando algunhas das súas innumerables aventuras.

En ‘A Jrileira’ competirán a Comisión de Festas de Santa Lucía do Sixto, do concello de Valga, e o Club Rápido Bahía de Aldán, do concello de Cangas. Cantarán e intentarán adiviñar cancións para facerse co premio. Cara ao final da noite, chegará a ‘ITV do Amor’, unha sección que convida a xogar e a divertirse cos participantes e coas ocorrencias dos colaboradores do programa.

Fuente Crtvg.es