O equipo de ‘Galicia Bonita’ acomete este luns senllas reformas na Estrada e Arteixo

0
44

Santiago, 21.06.2021.- Televisión de Galicia ofrece de novo este luns dúas entregas do docu-reality de reformas ‘Galicia Bonita’ (22.25 h), programa que, liderado pola arquitecta Rosa Facal, especializada na recuperación de contornas no rural e o seu equipo, percorre Galicia na procura dos feísmos máis comúns para poder arranxalos.

Na primeira das reformas, que acometerán na Estrada, terán que facerlle fronte a todo tipo de inclemencias. Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo enfrontarase ás diferenzas de criterio dos propietarios, uns rapaces amadores da boa troula, e a unha climatoloxía moi cambiante.

A continuación, trasladaranse a Arteixo, á vivenda de Ana, Javier e Shaila, onde un enorme pendello acompaña un galiñeiro a piques de caer por si mesmo. Coa imprescindible axuda dos propietarios e dos seus colaboradores, a arquitecta deberá facer fronte a unha gran dose de amianto, bloque, somieres e inventos caseiros para recuperar a fermosa contorna que os rodea.

Fuente Crtvg.es