O equipo de ‘Galicia Bonita’ entra en conflito, máis alá da reforma, cos propietarios dunha vivenda en Carral

0
75

Acometerá o acondicionamento dunha planta baixa, que presenta multitude de problemas construtivos, con moitas dificultades polas diferenzas cos seus donos

O equipo de 'Galicia Bonita' entra en conflito, máis alá da reforma, cos propietarios dunha vivenda en Carral

Santiago, 19.04.2021.-  Nunha nova entrega do espazo ‘Galicia Bonita’ (22.25 h), a arquitecta Rosa Facal e os seus colaboradores deberán enfrontarse ao acondicionamento dunha vivenda, de planta baixa, con multitude de problemas construtivos, na urbanización Monte Xalo, en Carral.

Por se todos os arranxos que teñen que acometer fosen poucos, as maiores dificultades virán polas diferenzas cos seus propietarios, acerca da colocación dun vello portón de entrada, o que provocará un conflito máis aló da reforma.

Fuente Crtvg.es