O equipo de 'Galicia Bonita' intentará recuperar a fermosa contorna dunha casa de Arteixo

0
11

Santiago, 24.06.2019.-    Na entrega desta noite do programa ‘Galicia Bonita’, Rosa e os seus fieis colaboradores chegarán ata Arteixo. Na vivenda de Ana, Javier e Shaila, un enorme pendello acompaña un galiñeiro a piques de caer por si mesmo.

Coa imprescindible axuda dos propietarios e dos seus colaboradores, a arquitecta deberá facer fronte a unha gran dose de amianto, bloque, somieres e inventos caseiros para recuperar a fermosa contorna que os rodea.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here