O equipo de reformas de ‘Galicia Bonita’ acode esta semana a Valga, onde atopará unha vivenda sen rematar desde hai máis de 25 anos

0
20

Os reducidos accesos dificultarán a obra e esgotarán ata a extenuación os traballadores, que tampouco poderán contar coa axuda dos propietarios da casa

O equipo de reformas de 'Galicia Bonita' acode esta semana a Valga, onde atopará unha vivenda sen rematar desde hai máis de 25 anos

Santiago, 26.09.2022.-    O equipo de reformas de ‘Galicia Bonita’ (23.15 h), coa súa arquitecta, Rosa Facal, á fronte, chegan esta semana á localidade pontevedresa de Valga, onde atoparán unha vivenda sen rematar desde hai máis de 25 anos. Cun orzamento limitado e o prazo máximo de cinco días, deberán acometer esta ambiciosa obra.

Os reducidos accesos dificultarán a reforma e esgotarán ata a extenuación os traballadores. Por se fose pouco, Cruz e Álex, os propietarios da vivenda, apenas terán tempo para axudar na súa restauración, o que comprometerá aínda máis o resultado final deste novo reto do programa da TVG.

Fuente Crtvg.es