O equipo de reformas de ‘Galicia Bonita’ trasládase esta semana á comarca do Carballiño para afrontar unha obra en Boborás

0
44

O déficit de persoal, a dispersión da propietaria e a falta de acordo coa arquitecta sobre as zonas máis necesitadas dunha reforma anticipan unha intervención complicada (23.15 h)

O equipo de reformas de 'Galicia Bonita' trasládase esta semana á comarca do Carballiño para afrontar unha obra en Boborás

Santiago, 03.10.2022.-    Rosa Facal e o seu equipo de reformas achegaranse este luns ata a comarca do Carballiño para coñecer Boborás, concello rico en patrimonio arquitectónico e natural.

A xefa de ‘Galicia Bonita’ anticipa unha semana con déficit de persoal nunha reforma que aínda non parece ter suficientemente clara antes de poñerse mans á obra, tras unha ollada inicial cunha propietaria un tanto dispersa.

A marca dos romanos nas pedras de Boborás aínda se pode adiviñar nos muros da vivenda de Inés. Porén, perdeuse no ruinoso soportal e galiñeiro da súa enorme leira. Precisamente o galiñeiro e o hórreo é o que máis lle interesa arranxar á propietaria, pero a arquitecta non está de acordo e considera que hai moito máis que facer nesta obra.

Fuente Crtvg.es