O equipo do ‘Galicia bonita’ ponse a proba en senllas reformas en Vedra e Barro

0
34

Santiago, 07.06.2021-  O equipo de ‘Galicia Bonita’ (22.25 h), integrado pola arquitecta Rosa Facal e os seus singulares axudantes, sairá polo país adiante para atopar novos exemplos de feísmo e transformalos en construcións dignas de admiración. Este luns, a Galega acometerá senllas reformas en Vedra e Barro.

A primeira parada do programa será a localidade coruñesa de Vedra, onde Nati leva dez anos sen rematar a súa diminuta casiña. A obra é pequena, pero o espazo de traballo tamén, o que dificultará, en boa medida, as operacións do equipo de reformas. Ademais, un novo membro fará medrar a familia de ‘Galicia Bonita’.

A continuación, en Barro, enfrontaranse a uns cortellos e unha palleira nun estado calamitoso e a uns esixentes propietarios que non os deixarán descansar nin un só minuto. Coa premisa duns donos que queren derrubar todo, o equipo do programa da TVG terá que botar o resto para chegar ao final da semana con algunha construción feita.

Fuente Crtvg.es